APEHL

O XIX Concurso de Tapas de Lugo preséntase con máis propostas gastronómicas

25.10.2024. Cheché Real e José Manuel Cela, presidente e vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), respectivamente, acompañados de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, presentaron esta mañá no centro de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo a décimo novena edición do Concurso de Tapas de Lugo e as súas 43 propostas culinarias. 

O certame terá lugar do 8 ao 24 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 29 e 30. Está organizado pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo, e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia. 

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

Os prezos das tapas moveranse entre 3 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h. 

Os consumidores votarán, sempre que sexan maiores de 18 anos, as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupón entrarán no sorteo de distintos premios. 

A maiores, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 12 establecementos participantes optarase a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Abadía de los Templarios, de Salamanca, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 25 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a París. 

GALARDÓNS ÁS MELLORES TAPAS

O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar ata o 24 de novembro nas urnas dispoñibles en todos os locais. 

Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, 29 e 30 de novembro, nos que as 12 tapas finalistas estarán a disposición do público xeral para volver a degustar, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra. 

SORTEO EN INSTAGRAM

Como novidade para esta edición, a Apehl lanzará un sorteo na súa conta de Instagram de tres ceas sorpresa para dúas persoas cada unha. Os requisitos para participar son: seguir a @eparacomerlugo; subir a stories unha foto dalgunha das tapas participantes, etiquetando a @eparacomerlugo e usando o hashtag #concursotapaslugo; e comentar a publicación do sorteo mencionando a un amigo co que se queira compartir a cea. 

Poderase participar dende o 8 ata o 24 de novembro. Os gañadores serán anunciados o 25 de novembro e a asignación das ceas realizarase ante notario o 2 de decembro. 

  1. 3 Pés
  2. A Laxa
  3. Anda
  4. Antas
  5. Ave César
  6. Bulló Xantar
  7. Casa d'Auga
  8. Colmado 1769-Pazo de Orbán
  9. Desnivel Tapas e Copas
  10. Devega
  11. Eduri
  12. El Boni
  13. El Dotmas Bar
  14. Galo
  15. Gran Café. Gran Hotel de Lugo
  16. Hotel Mercure Lugo-Brasas Blancas
  17. Karrusel
  18. La Cosechera de 1977
  19. La Pepita Burger Bar
  20. La Terraza del Méndez
  21. Las Cinco Vigas
  22. Malizzia Street Food
  23. Mesón El Castillo
  24. O Castor
  25. O Cincuenta e Seis
  26. O Figón
  27. O Mercado
  28. O Portalón do Gordo
  29. O Pote
  30. Orixe do Campo
  31. Ourizo
  32. Paprica
  33. Parada 33
  34. Pasarela
  35. Portal 36
  36. Prebe By Bret
  37. Pulpería O Castelo
  38. San Marcos Café
  39. Santeiro's Terraza
  40. Taberna Pimentel
  41. Tapería Beira
  42. Tapería O Peque
  43. Toni Portela