APEHL

O XX Concurso de Tapas de Lugo xa coñece aos seus 12 finalistas

25.11.2025. Tras facer o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, desvela os doce establecementos finalistas da vixésima edición do Concurso de Tapas de Lugo:

A Laxa, Casa María, El Boni, El Dotmas Bar, Glam Taoo, O Figón, O Mercado, Orixe do Campo, Paprica, Pulpería O Castelo, San Marcos Café e Tosar by Boni.

Este venres 28, sábado 29 e domingo 30 de novembro, estes doce locais volverán ofrecer as súas tapas ao público no mesmo horario establecido durante o concurso: de de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.

Nesta fase, un xurado técnico encargarase de probar as doce creacións culinarias para avaliar e outorgar un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ademais das maridaxes con cervexa Estrella Galicia e con viño da Ribeira Sacra. Posteriormente, coñecerase tamén cal foi o gañador por votación popular.

A maiores, xa foi publicado o premiado no sorteo realizado na conta de Instagram @eparacomerlugo, que contou cunha gran participación entre os seguidores desta rede social.  O agraciado levou unha estancia dunha noite para dúas persoas en Albarari Burbujas Astronómicas (Oleiros, A Coruña).