APEHL

O XXI Concurso de Tapas de Lugo xa ten aos seus 12 finalistas

24.11.2026. Tras realizar o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dá a coñecer os doce establecementos finalistas da vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo:

Calibre 2.7, El Dotmas bar, Glam taoo hotel boutique, Mesón El castillo, Cincuenta e seis, Figón, Mercado, Orixe do campo, Paprica, Prebe by bret, Pulpería O castelo,Tapería O peque.

Este venres 27, sábado 28 e domingo 29 de novembro, os doce locais volverán ofrecer as súas tapas ao público no mesmo horario establecido durante o concurso: de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.

Durante esta fase, un xurado técnico encargarase de degustar e avaliar as doce creacións culinarias para outorgar o primeiro, segundo e terceiro premio, ademais dos recoñecementos á mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia e á mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra. Posteriormente, darase a coñecer tamén a tapa gañadora por votación popular.

A maiores, xa se deu a coñecer a persoa gañadora do sorteo realizado na conta de Instagram @eparacomerlugo, que contou cunha gran participación entre os seguidores desta rede social. O premio consistiu nunha estancia dunha noite para dúas persoas no Hotel O Semáforo, en Fisterra (A Coruña).