APEHL

Elixida a nova directiva da Apehl con Cheché Real como presidente

30.03.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Apehl, celebrou esta tarde a asamblea xeral e asamblea electoral na que se elexiría a totalidade dos cargos da Xunta Directiva.

Ao presentarse unicamente a candidatura de José Francisco Real Castro, non foi necesaria votación algunha para proceder á proclamación da mesma. Así quedou constituida a Xunta Directiva da Apehl para un mandato de catro anos cos integrantes que se relacionan a continuación:

Presidente: D. José Francisco Real Castro

Vicepresidente: D. José Manuel Cela Rodríguez

Secretario: D. Jacobo García-Bobadilla Prósper

Vogais:

D. Manuel Tapia Rivera

D. Alfonso Arias Castro

D. Jesús Díaz Anllo

D. Manuel-Ángel Fernández Díaz

D. Daniel Romay Piñeiro

D. Juan Antonio Agra Lago

D. Rubén Pinín González