01.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo vai presentar á liña de axudas de Experiencias Turísticas, do Ministerio de Comercio e Turismo, unha actualización da iniciativa Peregrinos polo Norte con grandes novidades no seu sistema de comercialización e na tipoloxía de establecementos participantes ao incluír a parte de hostalería.
O proxecto preséntase, en agrupación, con asociacións de hostalería e turismo do catro comunidades do norte de España por onde transcorren os Camiños do proxecto (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco).
Beneficios para as empresas que se adhiran ao proxecto
Os establecementos adheridos a Peregrinos polo Norte, esencialmente aloxamentos e locais de hostalería/restauración, disporán dun espazo común no que promocionar e comercializar os seus produtos ou servizos, cunha mensaxe e contido específico aos peregrinos, a través dunha plataforma de venda online especializada neste segmento.
Segundo vaia evolucionando a iniciativa, irémosvos informando de forma máis concreta dos requisitos e vantaxes de participar na mesma.