APEHL

Finaliza o Marida Maio con resultados satisfactorios e cheo total

31.05.2024. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, remataron onte co último dos tres encontros organizados. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu este evento, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo.

Esta iniciativa consistía en presentar os viños das bodegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros; tamén se uniron empresas turísticas para dar a coñecer os seus servizos. As tres xornadas organizadas conseguiron aforo completo.

O acto de onte, que se iniciou ás 19:30 h, resultou ser todo un éxito con cheo total. Participaron a bodega Regina Viarum, os restaurantes Playa de A Cova e Galicia e Enoturismo Galicia.

Recordamos que no acto de presentación, celebrado o xoves 16 de maio e que deu o pistoletazo de saída a estas xornadas co primeiro dos encontros, estiveron presentes Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl); Gloria Prada, primeira tenente de alcalde do Concello de Monforte de Lemos; Pilar García, deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, así coma outras personalidades do Concello de Monforte e a delegada da Apehl en Monforte de Lemos, Beatriz Vila. Participaron as bodegas Val do Frade e Cruceiro, o restaurante Manuel Bistró e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

O xoves 23 desenvolveuse o segundo dos eventos, coa presenza das bodegas Abadía da Cova e Vía Romana, así coma os restaurantes Akelarre e Berso.