APEHL

Hostelería de España lanza un sistema integral de acreditación de bares e restaurantes seguros

  • A iniciativa, dirixida a todos os locais de hostalería de ámbito nacional, ten como finalidade identificar os locais que aplican medidas específicas para previr o contaxio por Covid-19 e ofrecerlles un servizo completo de formación e asesoramento en materias de seguridade e reactivación dos seus negocios

07.05.2020. Hostelería de España, organización empresarial que representa aos restaurantes, bares, cafetarías e pubs do noso país e na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), lanzou o “Sistema Integral para a preparación de Bares e Restaurantes”, unha iniciativa para acreditar aos locais que ofrecen unha “hostalería segura” fronte á Covid-19 e dotalos dun pack integral de servizos e produtos que lles permiten cumprir e facer un seguimento dos requisitos de establecemento seguro.

Para a obtención desta acreditación, dirixida aos máis de 300.000 locais de hostalería que existen no país, será necesario, entre outros requisitos, completar unha formación específica respecto das medidas para previr o contaxio por Covid-19 recollidas no Manual elaborado polo Comité técnico, en coordinación co ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española), cuxa Guía se publicará oficialmente nos próximos días.

Ademais, os establecementos que o soliciten, deberán asinar unha declaración responsable de compromiso co cumprimento dos requisitos de limpeza, saúde e hixiene necesarios para unha “hostalería segura” que permita achegar confianza a traballadores e clientes desde que entran no local ata que saen do mesmo.

Esta iniciativa, ademais de ofrecer a acreditación de “Hostalaría, Bar ou Restaurante Seguro”, inclúe un pack integral de servizos e produtos que facilitan o cumprimento dos requisitos nas sucesivas fases de desescalada, a actualización constante da normativa e asesoramento sobre diferentes aspectos que permitirán impulsar a reactivación do negocio.

Así, este sistema integral recolle, entre outros servizos, un curso de formación para responsables da empresa e traballadores; un manual de medidas para empresa e empregados; un distintivo de “Hostalaría Segura” que acredita que a empresa está adaptada á lexislación que permite a súa apertura durante a crise da Covid-19; unha listaxe de comprobacións sobre a empresa e o traballador; cartelaría e sinalizacións para as zonas de traballo, de clientes e zonas comúns; acceso á plataforma e actualización de normativa referente á Covid-19 e acceso a plataformas de comercialización e ofertas para o establecemento.

Pola súa banda, o distintivo contará con tres variantes diferentes, “Hostalaría Segura”, “Restaurante Seguro” e Bar Seguro?, que á súa vez poderán facer propios os distintos territorios a través da súa tradución e a incorporación da imaxe da asociación de hostalería correspondente.

A solicitude e trámites para acceder a este “Sistema Integral para a preparación de Bares e Restaurantes” ha de xestionarse a través das asociacións de hostalería territoriais, no caso da provincia de Lugo a través da Apehl.