APEHL

Hostelería Kit Digital celebrará dous webinars sobre este bono no mes de outubro

28.09.2022. A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, lanzou Hostelería Kit Digital, unha plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital.

Como continuación das accións previstas para esta campaña, no mes de outubro celebraremos dous webinars informativos:

Martes 11 de outubro ás 17:00 h da tarde
Luns 24 de outubro ás 11:00 h da mañá

Para inscribirte e seleccionar a sesión á que queiras asistir, pica na seguinte ligazón: https://bit.ly/3CaRO9y

Tras a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación con información para unirte ao seminario web.