A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración con Hostelería de España, lanza Hostelería Kit Digital, unha plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital.
O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital.
A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, pon á túa disposición un servizo de asistencia e acompañamento na solicitude, tramitación e xestión de solucións dixitais que mellor se axusten ás túas necesidades.
O servizo ofrécese a través da web www.hosteleriakitdigital.es, onde se pode solicitar asistencia a través do formulario, o teléfono de contacto (+34 919 342 690) ou por email (info@hosteleriakitdigital.es).
A contía do bono dependerá do número de empregados que teña a túa empresa:
O noso equipo de profesionais encargarase de rexistrarte, solicitar a axuda, asesorarte na elección de solucións e facer o seguimento das xustificacións ante a administración.