07.04.2025. O Instituto para la Calidad Turística Española y la Sostenibilidad (ICTES), da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl), promoven unha xornada formativa en liña sobre Sostibilidade Turística a través da aplicación Zoom.
A formación terá lugar este mércores 9 de abril ás 10:00 h. Ten como finalidade informar sobre as implicacións prácticas da Directiva Green Claims da Unión Europea con relación aos selos de Sostibilidade Turística, cada vez máis demandados e necesarios para diferenciarse nun ambiente competitivo.
A directiva da UE subliña con clareza que ninguén pode dicir que é sostible, se non está certificado mediante unha auditoría externa e independente, soportada nunha norma pública, como as que o ICTES desenvolve xunto a UNE, o que levou a España a ser líder mundial no ámbito da normalización turística. O noso país conta cunha norma de Sostibilidade, que é a que certifica a marca S do ICTES, na que traballou todo o sector (Especificación UNE 0083-2024), que cumpre as normas da Unión Europea e coa que xa se certificaron máis de 600 empresas.
As inscricións poden realizarse na seguinte ligazón: https://acortar.link/Bd8dqM