07.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) adianta as previsións de ocupación hostaleira na provincia durante esta Semana Santa.
Despois de contactar con diversos establecementos, desde a Apehl observan que é necesario diferenciar tres períodos ao longo de toda a Semana Santa: a fin de semana anterior aos festivos, os propios festivos e a fin de semana seguinte a estes.
|
|
Días 8, 9 e 10 de abril |
Xoves e venres Santos |
Días 16 e 17 de abril |
|
Ribeira Sacra |
66 % |
87 % |
80 % |
|
Lugo cidade |
62 % |
65 % |
60 % |
|
Zona centro |
50 % |
65 % |
60 % |
|
A Mariña |
61 % |
74 % |
62 % |
A primeira fin de semana a media de ocupación rondará o 60 %, durante os festivos a media pode chegar ao 73 % e a última fin de semana, ao 66 %.
A Ribeira Sacra é a zona da provincia na que se esperan máis visitantes, superando o 80 % nos días principais. A Mariña é posible que supere o 70 % durante os días festivos e a zona centro, incluída a cidade de Lugo, andará polo 60-65 % de ocupación
A maioría dos visitantes que se agarda que cheguen teñen como orixe o propio territorio nacional, en especial zonas limítrofes como Asturias e León.
A Apehl acolle con positivismo cara a recuperación esta próxima semana e asegura que os prezos se manteñen como viña sendo habitual en temporada alta, sen o incremento relacionado co IPC. Ademais, recoñecen que algúns establecementos de praia permanecerán polo momento pechados.
Rematan asegurando que sempre pode haber novas reservas e que as previsións meteorolóxicas poden influír moito na variabilidade destas expectativas.