23.10.2020. A alcadesa de Lugo, Lara Méndez, vén de anunciar durante un encontro con Diego Muñoz, representante do bicampeón mundial de MX2 Jorge Prado, o proxecto do Goberno municipal para habilitar unha pista de motocross en Teixeiro, que será bautizada co nome do lucense Jorge Prado.
Desde Apehl trasladan hoxe o seu apoio ao representante do corredor e animan ao Concello para que “a pista sexa un feito canto antes, pois atraería a unha importante cantidade de xente á cidade e á provincia, sería un atractivo máis para todos aqueles que non coñecen a nosa terra e repercutiría positivamente na economía da capital e de toda a provincia”.
Foto: jorgeprado61.com