APEHL

A Apehl clausura o Marida Maio 2026 completando aforo no Centro do Viño de Monforte

29.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería  e Turismo de Lugo (Apehl) vén de clausurar a terceira edición do evento enogastroturístico Marida Maio, patrocinado pola Deputación de Lugo. Este xoves, 28 de maio, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu o encontro que completou o aforo.

O evento, realizado dende as 19:30 ás 21:00 horas, posibilitou a colaboración entre entidades de diferentes sectores da Ribeira Sacra para a promoción de servizos. As propostas ofertadas, especialmente ideadas para o formato e os diferentes perfís de público asistente, potenciaron as bondades dos principais produtos das entidades.

A terceira e última xornada estivo protagonizada pola axencia Barvantia, o proxecto patrimonial Coureleando, o Hotel-Restaurante Hermida Rural e as adegas Os Cipreses e Instinto Romano. A ambientación musical da cita veu da man de Isi Castañer. Igualmente, no acto estiveron presentes Mabel Álvarez, xerente do Centro do Viño, e Beatriz Vila, delegada da Zona Sur da Apehl.

O concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran tamén neste evento.