APEHL

A Apehl colabora un ano máis na Andaina Escolar polo Camiño de Inverno

09.10.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) formou parte da VII Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, que tivo lugar o pasado venres día 6 na Ribeira Sacra.

A Asociación Camiño de Inverno, organizadora do encontro, púxose en contacto coa delegación para solicitar a súa cooperación nesta iniciativa, que busca a promoción do Camiño de Inverno.

1600 nenos de 14 colexios, 168 profesores e máis de 30 voluntarios participaron nesta actividade. Ademais, a Apehl estivo presente no programa especial de Onda Cero desde o parque dos Condes, en Monforte de Lemos.

A achega da asociación, xunto con Estrella Galicia, baseouse na entrega de augas para os pequenos que participaron: “É un pracer axudar nestes eventos que poñen en valor o noso patrimonio e que dan a coñecer un camiño moi transitado nos últimos tempos, que é unha porta aberta importante para o turismo da nosa zona”, expuxo Beatriz Vila, delegada da Apehl na zona sur da provincia.