APEHL

A Apehl denuncia que o Ministerio de Sanidade aposte polo botellón e a ilegalidade

Lamentamos que se discrimine a un sector que prioriza a seguridade dos seus clientes e traballadores nos seus plans de reapertura e poña en risco a subsistencia das empresas e dos postos de traballo. Así se aboca a un consumo sen ningún tipo de garantía, nin responsabilidade.

04.06.2020. As asociacións de hostalería integradas en Hostelería de España, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), denuncian que a decisión do Ministerio de Sanidade de que os locais de lecer non abran en Fase 3 promove a proliferación do botellón como alternativa para o lecer e a organización de todo tipo de festas privadas, en espazos sen control, festas organizadas en espazos ao aire libre ou afters clandestinos.

Só durante o pasado fin de semana proliferaron numerosas festas e botellóns, xerando problemas de orde pública, como se reflectiron nos medios de comunicación. 

Ante esta situación, as asociacións provinciais de hostalería, do mesmo xeito que Apehl, reclaman a activación dunha mesa de traballo, con carácter urxente, entre o Ministerio de Sanidade e o sector que permita aclarar o calendario da desescalada e a aplicación dos protocolos que permitan afrontar con garantías a volta á nova normalidade nos establecementos de lecer nocturno. 

Así mesmo, reclaman poder abrir durante a Fase 3 acorde coas directrices establecidas na Guía de medidas para a redución do contaxio polo coronavirus, elaborada co ICTE e que conta coa validación do Ministerio de Sanidade. 

A publicación do BOE, do sábado 30 de maio, descartou a reapertura das discotecas, bares especiais e pubs en Fase 3, o que supón unha inseguridade e falta de planificación na apertura dos negocios, supondo un dano inxustificado, a pesar de que nos acordos do Consello de Ministros do 28 de abril si se incluía na terceira fase a recuperación da actividade do lecer nocturno. 

Entendemos que este cambio de criterio do Ministerio de Sanidade ignora por completo que o sector foi un dos primeiros en definir unha guía oficial de medidas para salvagardar a seguridade de clientes e traballadores, cunha serie de protocolos cuxa implementación contemplan a presentación de declaracións responsables e/ou auditorías que avaliarán de forma externa e independente os procedementos de implantación, integrado no distintivo Hostelería Segura. 

Con esta actuación, o Goberno pon en grave perigo unha vez máis o futuro de miles de empresas e dos postos de traballo, se non se cambia o criterio.

Ademais, nun momento no que se está producindo maior celeridade en procesos de apertura e normalización de actividades, discrimínase a pubs, bares especiais e discotecas. Máis aínda, nun contexto no que se flexibilizan as reunións de amigos e familiares cun número maior de asistentes, anúnciase a activación dos voos internacionais a partir do 1 de xullo, ábrese o acceso ás praias e piscinas e estamos ás portas da apertura das fronteiras interprovinciales.   

Agora, e ante esta decisión que pedimos que se flexibilice, enfrontámonos a unha situación na que o lecer nocturno vaise a desenvolver en espazos sen ningún tipo de control; cando, insistimos, podíase expor unha desescalada progresiva contando con toda unha batería de medidas e protocolos como os establecidos polo Ministerio de Sanidade.