APEHL

A Apehl impartirá en Lugo un curso sobre cultura dos viños do mundo

03.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro un curso sobre cultura de viños do mundo que será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.

Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, a variedade de uva en España, as principais zonas vitivinícolas do Vello e o Novo Mundo e o inglés do viño. Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais.

O curso terá lugar na sede de Apehl, en Lugo (C/Ramón Montenegro, 15-Entlo.), en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h, e será impartido por Xoán Cannas; Paula Fraga, creadora e responsable do proxecto Octopus to the party, e Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño.

Están dispoñibles as últimas prazas e, para realizar as inscricións, poden facelo na web www.apehl.org ou porse en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.