APEHL

A Apehl impartirá en Monforte un curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos

28.10.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 17, 18, 24, 25 de novembro e 1 e 2 de decembro un curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos que será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.

Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o enomarketing en hostalería e o produto enoturístico. Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais.

O curso terá lugar no Centro do Viño, en Monforte de Lemos, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h, e será impartido por Xoán Cannas; Majo Peroni, licenciada en Relacións Internacionais, e Juanjo Figueroa, tutor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño.

As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden facelo na web www.apehl.org ou poñerse en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.

Programa completo