APEHL

A Apehl impulsa na provincia a modernización do sector hostaleiro con consultorías gratuítas aos seus asociados, networkings grupais e formación onli

  • Medio cento de hostaleiros lucenses formarónse en Lugo e Monforte sobre dixitalización grazas aos fondos Next Generation da EOI.

20.06.2025. A Asociación Provincial de Empresarios  de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración coa empresa lucense de formación Estudios Rafer, organizou unhas xornadas para os seus asociados sobre dixitalización que financia íntegramente a Escola de Organización Industrial (EOI) con fondos Next Generation de recuperación.

As xornadas realizáronse estas semanas no restaurante España en varias sesións dedicadas especialmente á consultoría técnica con relatores especialistas na materia e coa idea de axudarlles ás empresas asociadas a tomar boas decisións no proceso de transformación dixital. Concretamente, tocáronse  temas como a ciberseguridade, o marketing dixital, a mellora da imaxe e da reputación nas redes, a facturación electrónica, ferramentas e plataformas de xestión, e mecanismos de control de horarios e relación coa administración dixital.

Estas xornadas en Lugo únense ás realizadas no mes de abril en Monforte de Lemos e todas elas serviron para formar a cerca de medio cento de alumnos que sen dúbida trasladarán as novidades ao sector da hostalería lucense no seu afán de modernizarse e adaptarse ás novas tecnoloxías.