14.12.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, tras a reunión da súa Xunta Directiva no día de hoxe, quere facer público que a Asociación está á espera de ser convocada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para coñecer cales serán as medidas compensatorias que adoptará o Concello para paliar o cobro das taxas das terrazas correspondente ao ano 2022, que finalmente terán que asumir os hostaleiros lucenses a pesar de ser publicado un bando no que se recoñecía que o seu pago quedaría eximido.