APEHL

A Apehl pon a disposición dos socios equipos de protección contra a covid-19

05.02.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pon a disposición dos socios equipos de protección contra o contaxio da covid-19. 

As máscaras están confeccionadas con poliéster que provén de botellas recicladas de PET. Da marca Maskaeco, é unha máscara hixiénica ecosostenible e reutilizable para filtro certificado por laboratorio en eficacia de filtración bacteriana dun 90 % e de produción 100 % galega. Son lavables e o único que hai que facer é cambiar o filtro. 

Ademais, xa están dispoñibles as pantallas de protección. Tanto as máscaras como as pantallas están personalizas co logo da marca turístico gastronómica ...E para comer, Lugo e o logo da Asociación. 

Por outra banda, a Apehl tamén acordou a distribución de xeles e lociones higienizantes para mans e limpadores desinfectantes para superficies. 

Todos os produtos contan con prezos acordados pola Apehl. Aqueles interesados deben porse en contacto coa Asociación a través do teléfono 982226912 ou o correo administracion@apehl.org.