APEHL

A Apehl pon en marcha o Programa Integrado de Emprego de Galicia

02.12.2022. Un ano máis, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), vai levar a cabo o Programa Integrado de Emprego de Galicia para o ano 2022-2023, coa financiación da Consellería de Emprego e Igualdade, no que hai que tener contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego, co obxetivo dun mínimo do 45% de inserción laboral.

O programa desenvolve as seguintes accións:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en idiomas, competencias dixitais para o emprego, prevención de riscos, relación laborais e habilidades sociais.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevistas.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

h) Formación para o emprego dentro do Catálogo de Especialidades do Servicio Público de Emprego Estatal:

  • Manipulador de alimentos

  • Fundamentos de atención ao cliente

  • Elaboración de pratos combinados

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas.

j) Talleres sobre mobilidade laboral.

k) Medidas de innovación tecnolóxicas.

l) Medidas de conciliación da vida familiar y laboral: servizo de coidado e atención de persoas dependentes tanto nenas/os como maiores.

m) Beca de 7 euros por día asistido en curso presencial.

Poderás participar neste programa se formas parte dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas con discapacidade.

  • Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.

  • Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas.

  • Persoas desempregadas maiores de 45.

  • Mulleres desempregadas.

  • Persoas desempregadas inmigrantes.

Se queres participar neste proxecto, ponte en contacto ca Asociación no 982 226 912.

Se queres participar neste proxecto, podes formalizar a túa inscrición facendo clic aquí e cubrindo o cuestionario ou poñéndote en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.