APEHL

A Apehl prepara a campaña Loc@s por volver... cunha mensaxe de agradecemento para os clientes

02.06.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Tras o éxito da campaña Abrimos as portas para..., co vídeo da canción El calor del amor en un bar de Gabinete Caligari, a Apehl prepara unha nova iniciativa coa que se quere agradecer aos clientes a súa confianza por volver aos locais de hostalería e activar de novo a súa economía.

Os protagonistas desta nova campaña volverán ser os hostaleiros da provincia, "a través dunha canción, que desvelaremos o día do seu lanzamento, demostraremos unha vez máis a lealdade cara aos nosos clientes. Agora máis que nunca imos necesitar da súa axuda para continuar co noso traballo e reactivar os nosos negocios. Esta será a nosa forma de darlles as grazas", destaca Cheché Real, presidente da Apehl. 

A campaña xa está en marcha. "Todos aqueles hostaleiros, sexan ou non socios da nosa Asociación, están convidados a participar na nosa iniciativa", engade Real.

Para participar só é necesario chamar ao teléfono 982 41 20 50 antes deste venres 5 de xuño. O persoal de Apehl será o encargado de explicar todo o necesario para iso.