APEHL

A Apehl presentará a XIII guía ...E para comer, Lugo o vindeiro mércores en Fitur

16.01.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer o vindeiro mércores na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo terceiro, da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.

No acto, que terá lugar a partir das 15:00 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentará a publicación titulada Lugo, mucho por descubrir. Unha nova guía que, nesta ocasión, mostra ao mundo os lugares con máis encanto da provincia en primeira persoa, todo un álbum de recordos, sensacións e imaxes a través dos que coñecer a natureza, o patrimonio, a cultura e a gastronomía de todos e cada un dos concellos lucenses.