15.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembra que o prazo de inscrición para participar na vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo permanecerá aberto ata o vindeiro luns, 21 de setembro, incluído.
Os establecementos interesados en formar parte do certame aínda están a tempo de formalizar a súa participación a través do espazo habilitado na web apehl.es.
O XXI Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo, celebrarase entre os días 6 e 22 de novembro. Unha semana máis tarde, os días 27, 28 e 29, terá lugar a gran final do certame.
O presidente da Apehl, Cheché Real, anima os establecementos hostaleiros da cidade a sumarse a unha nova edición dunha iniciativa que cada ano pon en valor a creatividade e a oferta gastronómica da hostalería lucense.