APEHL

A Apehl reúnese en Santiago con representantes do ocio nocturno galego para abordar a situación do sector

  • O obxectivo final da xuntanza foi valorar as necesidades actuais dos establecementos afectados pola pandemia da covid-19 e concretar medidas conxuntas que trasladar de maneira colectiva á Xunta de Galicia

23.09.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, participou esta mañá nunha reunión que tivo lugar no hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, para abordar a situación actual do sector do ocio nocturno, valorar as posibilidades de saída desta crise e reclamar ás administracións as medidas máis oportunas de maneira consensuada.

“Non hai outra saída se non é nunha mesma dirección e intentando adaptarnos ás condicións que nos presenta esta nova normalidade”, asegura Cheché Real. Entre as medidas postas en valor Real destacou que todos estiveron de acordo “na necesidade de solicitar axudas específicas para o subsector do ocio nocturno e unificar criterios para reclamar a posibilidade de abrir estos negocios en horarios adaptados á nova realidade”.

No acto, con gran afluencia de xente, estiveron presentes representantes das catro provincias co obxectivo de trasladarlle conxuntamente as medidas acordadas á Xunta de Galicia. Entre eles Héctor Cañete, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería A Coruña; César Sánchez, da Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra; Alberto Grandío, da Asociación Estatal de Salas Privadas de Concertos, e representantes da plataforma Galicia de noite.