APEHL

A Apehl e a empresa de informática Reigada firman un convenio de servizos e descontos para os asociados

12.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asinou un acordo de colaboración con Reigada IPR co obxectivo de garantir para os seus socios a posibilidade de poder participar nunha aplicación móbil na que se pode visualizar toda a oferta gastronómica diaria, promocións, eventos… de todos os locais hostaleiros de diferentes zonas da provincia de Lugo dunha forma rápida e sinxela.

No acto estiveron presentes Iago Sánchez, en representación de Reigada, e Cheché Real, presidente da Apehl. Ambas partes acordaron un desconto neste servizo para todos os asociados que queiran formar parte da iniciativa.