14.12.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dá continuidade, nestas datas, á campaña Regálal…E, Regálat…E, para que os seus clientes teñan a posibilidade de adquirir nos establecementos participantes gastronomía, consumicións, estancias en hoteis, turismo rural e experiencias turísticas. Estes clientes poden ser tanto particulares como empresas que decidan substituír o seu obsequio de Nadal ou cea de empresa por este regalo aos seus traballadores. A campaña empezaría o 21 de decembro de 2022 e terminaría o 7 de xaneiro de 2023.
Poden sumarse á iniciativa todos os establecementos asociados da provincia, aos cales se lles facilitarán uns tickets que deben cubrir cos seguintes datos:
O cliente realizará a compra directamente no local e abonará nese instante a contía correspondente. No segundo apartado dos tickets, “Regalo elixido polo cliente”, débese concretar claramente o que inclúe o obsequio e se se debe facer reserva previa, así como todas as condicións que o titular do establecemento considere oportunas.
Os interesados en adherirse á campaña deben comunicalo a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org ou nos teléfonos 982 22 69 12 / 982 41 20 50 antes do día 16 de decembro. Todos os locais participantes estarán relacionados nunha sección da páxina web de Apehl e, ademais, elaborarase un distintivo para identificalos.
“Este Nadal imos regalar …E para comer, Lugo”, destacan desde Apehl.