APEHL

A Gala Provincial da Hostelería Lucense celebrarase o 15 de abril en Lugo

04.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostelería Lucense o vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, de Lugo.

A cita, xa habitual na axenda anual da Apehl, ten lugar cada ano nun punto da provincia e nesta ocasión volve á cidade de Lugo.

Os hostaleiros homenaxeados nesta ocasión cos Premios Toda unha vida nos fogóns son:

 

 

 

  • Carlos e Jaime, da Cafetería Nevada, de Lugo .
  • José Ramón, do Restaurante Mazo de Santa Comba, de Lugo.
  • Carmen e Horacio, do Restaurante Río Lor, de Quiroga.
  • Manolo, do Restaurante La Casilla, de Guitiriz.