APEHL

A guía turístico-gastronómica …E para comer, Lugo presentarase este mércores en Fitur por décimo sétimo ano consecutivo

20.01.2025. Este mércores, 22 de xaneiro, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer unha nova edición da colección de guías turístico-gastronómicas da provincia de Lugo …E para comer, Lugo na Feira Internacional de Turismo de Madrid por décimo sétimo ano consecutivo.

A posta en sociedade desenvolverase a partir das 15:00 horas no stand de Galicia en Fitur. O máximo responsable da entidade encargarase de expor esta publicación titulada Lugo, con los cinco sentidos.

A pretensión é buscar que o visitante conecte máis co seu mundo interior e goce de todas as opcións que ofrece a provincia. Nestas páxinas aparecen mostras de patrimonios imprescindibles, espazos naturais de gran beleza, rutas para percorrer, produtos gastronómicos típicos ou curiosidades. Cada concello está clasificado segundo os sentidos sensoriais que poden ser máis apreciados nas súas paisaxes e monumentos.

A publicación conta coa colaboración de Turismo da Xunta de Galicia e serve de memoria das diferentes actividades que desenvolveu a Asociación ao longo de 2024. Recolle distintas accións gastronómicas, diversos concursos de tapas, a participación por décimo segundo ano en La Vuelta e o directorio completo con todos os seus establecementos de hostalería asociados.