APEHL

A hostalaría de Galicia concéntrase mañá en Santiago

16.11.2020. As asociacións de hostalaría de Galicia convocan unha nova manifestación este martes 17 de novembro en Santiago de Compostela para continuar reclamando un plan de rescate ante a situación provocada pola covid-19.

Está previsto que os manifestantes se concentren no Palacio de Congresos ás 11:00 h e percorran o último tramo do Camiño Francés até o Obradoiro.