APEHL

A ocupación hoteleira en Galicia alcanzou esta Semana Santa unha media do 90,96 %

18.04.2022. Hostalería de Galicia informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega, segundo as cifras facilitadas polas catro asociacións provinciais  da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como Hostelería Compostela e Hostelería de Ferrol. A media entre todas as provincias alcanzou un 90,96 %.

Na Coruña a media rexistrada durante dos días festivos –xoves, venres e sábado– foi do 95,13 % (xoves: 97,87 %, venres: 98 % e sábado 89,53 %).

Na provincia de Lugo a media chegou ao 92,4 % (xoves: 94 %, venres: 93,45 % e sábado: 89,58 %).

Por outra banda, a ocupación media en Ourense roldou o 90 % e a media na provincia de Pontevedra alcanzou o 86,33 % (xoves: 88 %, venres 91 % e sábado 80 %).

Os días festivos en Ferrol chegouse ao 100 %, descendendo o sábado e o domingo ata o 75 %, e a media en Santiago de Compostela foi do 91,6 %, un pouco máis que en 2019.

Algúns establecementos de Galicia chegaron ao 100 % de ocupación, sobre todo, o venres.

En canto ao domingo, a ocupación oscilou entre un 45 % e un 50 %.