APEHL

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo rondou o 77 % durante esta ponte festiva, o que supón dous puntos máis que no 2023

09.12.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 77,1 %.

A Ribeira Sacra foi a área da provincia con máis visitantes, cunha media do 79 % de ocupación. A zona centro de Lugo logrou o 77 % de media, A Mariña estivo polo 74 % e a cidade de Lugo chegou ao 78,5 %.

Segundo a Apehl, o perfil dos visitantes destacou por ser familiar e maioritariamente nacional. “A provincia de Lugo segue a ser un destino consolidado, non un lugar de paso. A maior ocupación rexistrouse o venres e o sábado e, a pesar, de ser unha ponte máis curta que outros anos, superamos en dous puntos a cifra de 2023”, destaca o presidente da Asociación, Cheché Real.

En canto ás áreas do Camiño de Santiago, recoñecen que nestas épocas nótase unha baixada de peregrinos.