APEHL

A provincia de Lugo consegue unha alta ocupación hoteleira nesta Semana Santa

10.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos rexistrados da ocupación hoteleira na provincia durante Semana Santa, os cales revelan que xa se recuperan as cifras de 2019, previas á pandemia.

A Ribeira Sacra foi a zona con maior número de visitantes, cunha media do 98 %. Destacou especialmente nesta comarca Monforte de Lemos, ao celebrar a súa Feira Medieval. A Mariña tivo unha ocupación media do 89 %. A cidade de Lugo chegou ao 84 %. Os días máis destacables foron xoves e venres, datas nas que algúns establecementos chegaron a alcanzar o 100 %.

A maior parte dos visitantes que aproveitaron para visitar a provincia procedían de diversos recunchos do territorio nacional, principalmente de Galicia, Asturias e Madrid.

Con respecto aos datos en restauración, a Apehl informa de que varios establecementos notaron un incremento considerable nas reservas.