26.02.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está organizando xa a décimo sétima edición do Estase Cocendo.
As Xornadas do Cocido da Ribeira Sacra celebraranse por toda a comarca, co patrocinio da Deputación de Lugo, as fins de semana do 15 de marzo ao 6 de abril, ambos incluídos.
Tradicionalmente o Estase Cocendo contaba na súa presentación cun compadre ou cunha comadre protagonista e os últimos anos preferiuse render diferentes homenaxes. Este ano será o último ano que se optará por facer unha homenaxe especial e xa de cara a vindeiras edicións a organizaicón conta volver á figura dos compadres.
Nos próximos días, a Apehl continuará desvelando todos os detalles desta nova edición do Estase Cocendo.