APEHL

A segunda xornada do Marida Maio ampliou o seu aforo ante a alta demanda

23.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este xoves a súa segunda sesión, aínda con máis participación. A cita, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a 40 asistentes, despois de ampliar o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, debido ao interese xerado.

Durante o evento, varias empresas da comarca achegaron os seus produtos e servizos nun ambiente distendido e festivo, amenizado pola música en directo do solista Richard. Participaron o restaurante La Table d’Arnaud, as adegas Galanteiro e Soutelo, a marca de aceites Aceiroga, así como as firmas relacionadas co lecer Bikarte Ribeira Sacra e Solpor Camperpark.

A próxima cita do Marida Maio está programada para o 29 de maio, e xa conta con aforo completo.

O Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta iniciativa, patrocinada pola Deputación de Lugo.