APEHL

Lienzo Monforte, primeiro restaurante galego en ser recoñecido por Hostelería #PorElClima

20.02.2020. Lienzo Monforte, primeiro restaurante galego, e cuarto de España, en ser recoñecido como caso de éxito da plataforma Hostelería #PorElClima polo seu compromiso coa sostenibilidade e as accións levadas a cabo para loitar contra o cambio climático.

A iniciativa está impulsada por Ecodes e Coca Cola, co obxectivo de visibilizar aos hostaleiros comprometidos co medio, a contorna e a ecoeficiencia.

¡Parabéns ao noso socio Roberto Quiroga e a todo o seu equipo!