APEHL

Os locais asociados á Apehl poderán ampliar o seu horario habitual en dúas horas debido aos festexos do San Froilán e da Hispanidade

03.10.2023. O Concello de Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma do concello desde a noite do 4 ao 5 de outubro ata a noite do 7 ao 8 con motivo da celebración das festas patronais do San Froilán.

Así mesmo, aproba esta mesma autorización desde a noite do 11 ao 12 de outubro ata a noite do 14 ao 15 de outubro pola ponte festiva da Hispanidade.