09.06.2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte luns 8 de xuño dispón que durante a fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade permanecerán pechados, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os locais de discotecas e establecementos de lecer nocturno.