• O certame celebrarase do 7 ao 23 de novembro, e a gran final terá lugar os días 28, 29 e 30 do mesmo mes.
17.10.2025. O Concello de Lugo acolleu a presentación da vixésima edición do Concurso de Tapas de Lugo, un evento que xa se converteu nunha cita imprescindible no calendario gastronómico da cidade. No acto participaron Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo.
O concurso está organizado pola Apehl, conta co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Estrella Galicia, Cafés Candelas, Transportes Valín e Hijos, Jazz Lugo e o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá Lugo.
FUNCIONAMENTO DO CERTAME
Durante o concurso, as tapas poderán degustarse todos os días, polo menos de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas.
Os clientes maiores de 18 anos poderán valorar as tapas participantes mediante un cupón de votación individual, selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos persoais. A puntuación irá do 1 ao 5, sendo 1 a nota mínima e 5 a máxima.
Todos os cupóns válidos entrarán no sorteo de diferentes premios.
Ademais, cada local participante disporá dos folletos-pasaporte, que os comensais deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Con 12 selos ou máis, os participantes poderán optar a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Bodega Torre Milanos, en Aranda de Duero. Se o folleto conta con polo menos 25 selos, participarase no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas a Londres.
PREMIOS ÁS MELLORAS TAPAS
O público será o encargado de elixir tanto a tapa gañadora como as 12 finalistas, depositando os seus cupóns de votación nas urnas dispoñibles en todos os locais ata o 23 de novembro.
Posteriormente, durante os días 28, 29 e 30 de novembro, un xurado profesional avaliará as 12 tapas finalistas, que volverán estar dispoñibles para a súa degustación por parte do público.
Desta valoración sairán os seguintes galardóns:
Primeiro Premio
Segundo Premio
Terceiro Premio
Mellor maridaxe Estrella Galicia
Mellor maridaxe Ribeira Sacra
SORTEO EN INSTAGRAM
Do mesmo xeito que na edición anterior, a Apehl organizará un sorteo en Instagram dunha noite para dúas persoas en Albarari Burbujas Astronómicas, situado en Oleiros (A Coruña).
Para participar, os usuarios deberán:
Seguir a conta @eparacomerlugo.
Publicar en stories unha foto de algunha das tapas participantes, etiquetando a @eparacomerlugo e utilizando o hashtag #concursotapaslugo.
Comentar a publicación do sorteo, mencionando a un amigo con quen lles gustaría compartir a experiencia.
O período de participación no sorteo será do 7 ao 23 de novembro.
TAPAS PARTICIPANTES
Un total de 42 establecementos da cidade forman parte desta XX edición do Concurso de Tapas de Lugo, consolidando o evento como unha das grandes celebracións gastronómicas do outono lucense: