O establecemento gañador da pasada edición, El Boni, acollerá mañá un acto co que se dará inicio ao certame gastronómico no que participan un total de 38 locais.
02.11.2023. Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl); Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, e Rubén Arroxo, primeiro tenente de alcaldesa e titular da Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas, inaugurarán mañá, ás 11:30 horas, en El Boni a décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo, que se prolongará ata o 19 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 24, 25 e 26 de novembro.
Un ano máis, o certame está organizando pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia.
FUNCIONAMENTO DO CONCURSO
Este ano, os prezos das tapas estarán entre 2,5 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.
Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.
Ademais, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Pazo Los Escudos, de Vigo, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Ámsterdam.
PREMIOS
O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar nas urnas dispoñibles en todos os locais ata o 19 de novembro, fecha límite tamén para depositar os folletos-pasaporte en ditas urnas.
Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, nos que as tapas finalistas estarán nesta ocasión a disposición do público xeral, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra.
LISTADO DE PARTICIPANTES
Os 38 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:
Toda a información do certame xa está dispoñible na web www.xantardetapas.com.