APEHL

Medidas especiais no concello de Lugo

31.08.2020. O DOG Nº174 bis publicado o pasado venres establece unha serie de restricións para o concello de Lugo.

As máis importantes:

  • Os titulares dos establecementos deben garantir o cumprimento da obrigatoriedade do uso da máscara
  • Limitación de reunións privadas ata 10 persoas
  • Redución do aforamento ata o 50% en hostalería
  • Non está permitido o consumo en barra
  • En terraza, 50 % das mesas

Medidas especiais para o barrio da Milagrosa (ámbito trerritorial delimitado pola Avenida da Coruña e rúas Pintor Tino Grandío, Camiño Real, Mar Cantábrico e Angelo Colocci):

  • Limitación de reunións privadas a un máximo de 5 persoas
  • Bares e cafeterías non poden servir no interior. Só se pode atender aos clientes na terraza en grupos de 5 persoas
  • En terraza, 50 % das mesas
  • Os restaurantes só poden utilizar as mesas de comedor ao 50 % do seu aforamento, cun máximo de 5 persoas por mesa, non podendo utilizar a zona de cafetería nin a barra

 

Estas medidas entraron en vigor ás 0:00 do día 29 de agosto e en 5 días procederase á súa revisión.