05.03.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), xunto con Estudios Rafel, promove unhas xornadas sobre dixitalización aplicada á hostalería. A formación dividirase entre sesións presenciais no Centro do Viño, situado no número 6 da Rúa do Comercio en Monforte de Lemos, e charlas a través da aula virtual.
O encontro está dirixido a pemes e autónomos. As citas con asistencia presencial terán lugar os días 31 de marzo e 1, 7 e 8 de abril, dende as 17:00 h ata as 18:30 h. O seguimento virtual está previsto para os días 16, 23 e 30 de abril e o 7 e 21 de maio, dende as 08:00 h ata as 10:30 h.
A primeira sesión, o 31 de marzo, tratará sobre marketing dixital, xestión de redes sociais e xestión de valoracións.
O 1 de abril analizarase a factura electrónica, centrada no marco legal e as ferramentas dispoñibles.
O 7 de abril a formación orientarase a ciberseguridade para estudar as ameazas, ferramentas e tendencias.
O 8 de abril daranse a coñecer casos de éxito no proceso de transformación dixital en pemes e autónomos no sector hostaleiro.
Nas sesións na aula virtual analizarase o proceso de transformación dixital para pemes e autónomos.
Para máis información chamar al 982 226 912.