APEHL

Moitos Concellos da provincia autorizan ampliación de dúas horas no horario de peche para os asociados debido aos festexos do Entroido

  • A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) rexistrou a petición en todos os Concellos da provincia de Lugo.

16.02.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante este Entroido.

A Asociación recibiu a autorización para esta ampliación desde a noite do día 16 ao 17 de febreiro ata a noite do 20 ao día 21 de febreiro (incluída) por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, a excepción dos seguintes e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:

Concellos de Guitiriz e Portomarín: autorizan só unha hora de ampliación.

Concello de Burela: autoriza a ampliación nunha hora para os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares e pubs e en trinta minutos para as discotecas nas noites do 18 ao 19 de febreiro, do 19 ao 20, do 20 ao 21 e do 21 ao 22.

Concellos de Cervo: autoriza dúas horas máis nos núcleos municipais do Concello:

  • Entroido en Cervo e San Cibrao, o período comprendido entre o domingo 19 e o martes 21 de febreiro, ambos incluídos.
  • Entroido en San Román de Vilaestrofe, a noite do sábado 25 de febreiro.

Concello de Quiroga: autoriza dúas horas os días 18, 19, 20, 21 e 22 de febreiro.

Concello de Ribadeo: autoriza dúas horas na madrugada do día 17 ao 18, do 18 ao 19, do 24 ao 25 e do 25 ao 26 de febreiro.

Concello de Xove: autoriza dúas horas todas as noites desde a do 16 ao 17 de febreiro ata a noite do 22 ao 23 de febreiro (incluída).

Concello de Viveiro: autoriza ampliación nunha hora as noites do 17 ao 18, do 18 ao 19 e do 20 ao 21 de febreiro.

Aínda non enviaron resposta os seguintes Concellos: Chantada, Monforte de Lemos, Negueira de Muñiz e Outeiro de Rei.