APEHL

Morre Ángel López-Leytón, fundador da Apehl

08.04.2020. Ángel López-Leytón faleceu onte aos 75 anos de idade, deixando un enorme baleiro na hostalería, non só pola súa gran valía como empresario, senón, sobre todo, polos seus moitos valores como persoa e amigo. Ángel foi socio fundador da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), un gran entusiasta da súa profesión e pioneiro no desenvolvemento turístico, non só da Mariña, senón de toda a provincia de Lugo.

Déixanos un bo profesional e unha baa persoa.

Sempre recordaremos ao amigo e gran compañeiro.

Foto: Pepa Losada (La Voz de Galicia)