APEHL

Nova concentración da Apehl, esta vez diante da Subdelegación do Goberno

  • A concentración terá lugar mañá xoves, día 12 de novembro, ás 11.00 horas, e ten como obxectivo facerlle entrega á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, do “Plan de rescate nacional” da hostalería, dirixido ao Goberno Central.

Continuando coas accións de reivindicación ante a situación que está padecendo o sector da hostalería, informamos que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará mañá, ás 11.00 horas, unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo para facerlle entrega á subdelegada do “Plan de rescate nacional”, dirixido ao Goberno central.

Así mesmo, e debido ás restricións de mobilidade e peche perimetral de moitas poboacións, no resto dos municipios da provincia de Lugo a concentración terá lugar á mesma hora fronte á casa consistorial de cada concello, respectivamente.

Desde a Apehl animámosvos a que participedes nesta nova mobilización que se leva a cabo en colaboración coa patronal nacional do sector, Hostelería de España, e que se realizará simultaneamente en todas as delegacións e subdelegacións territoriais do Estado.

Ademais, queremos facer público que esta Asociación está recibindo o apoio dos distribuidores e provedores de hostalería de toda a provincia de Lugo, así como dos produtores das distintas IXP e DO. Trátase, ao fin, dunha acción reivindicativa de todo o sector e a súa cadea de valor.

En todo momento se manterán as oportunas medidas de seguridade e se garantirá o mantemento da distancia de 1,5 metros entre asistentes, así como uso de máscaras.

#salvemosahostalería #salvemoslahostelería