APEHL

Novas medidas que entran hoxe en vigor

17.08.2020. Segundo a modificación do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020:

  1. No caso de consumo de tabaco, cigarros electrónicos ou calquer dispositvo de inhalación de tabaco na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se podera exceptuar a obriga de uso de máscara, durante o citado consumo  e si se pode garantizar a distancia de 2 metros con outras persoas.

 

  1.  O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersonal entre clientes, tanto entre os situados na barra como nas mesas ou agrupacións de mesas.

 

  1. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersonal entre as mesas ou agrupación de mesas. A ocupación máxima por mesa ou agrupacións de mesas será de 10 persoas sempre que se poida garantizar a debida distancia interpersoal.

 

  1. Os establecementos de hostalería e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

 

  1. O lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés –espectáculo, salas de festa, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores) permanecerán pechados tanto no seu  interior coma as terrazas.

 

Esta orde entra en vigor desde as 00.00 horas do 17 de agosto de 2020.