APEHL

Novo socio | O Descanso

 

 

 

Nome do establecemento: O Descanso

Dirección: A Parrocha, 2. Paradela. 27611.

 

 

ENTREVISTA | Francisco Rivera Buzón, xerente

Cantos anos leva funcionando?

É un local que abriu as súas portas en 2017, traballando en tempada de Camiño de Santiago. Pechou as súas portas dous anos por mor da pandemia e, este ano, fíxenme cargo do local para poder seguir dando servizo aos peregrinos e veciños da zona.

Por que apostou por este proxecto hostaleiro?

O meu pasado máis recente está no transporte, aínda que teño experiencia en hostalería de moitos anos. Vistas as circustancias que rodean ao mundo do transporte, pensei que era un bo momento para dar un xiro laboral e apostar de novo pola hostalería, un sector que me apaixona e éncheme plenamente.

Cales son as súas especialidades?

Aos nosos clientes ofrecémoslles fundamentalmente cociña caseira e da máxima calidade. Apostamos por produtos de proximidade. Traballamos a carne de tenreira Rubia Galega en todos os seus cortes e estamos moi orgullosos das nosas hamburguesas de Rubia Galega 100 % natural, coas que estamos a ter moito éxito.

Ofrecemos tamén, como algo especial, bacallau rebozado e patacas bravas ao estilo Madrid.

Por que decidiu unirse a Apehl?

Os anteriores inquilinos xa pertencían á Asociación e, por recomendación doutros amigos hostaleiros, decidín unirme e colaborar no que estea na miña man.