Os Castros é un establecemento rexentado por unha novísima Belén Fernández, filla de hostaleiros, que se aventurou a abrir o seu propio negocio por ter experiencia no sector. Neste café bar e restaurante ofrece comida caseira e tradicional e traballa tanto carnes como peixes. Decidiu asociarse a Apehl porque pensa que a unión fai a forza e por contar cun bo asesoramento.
Dirección: R/Paseo da Deputación, s/n. Ferreira de Pantón.
Teléfono: 982 906 630.