APEHL

Perfilado o programa do III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o luns 24 de outubro.

14.10.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acaba de pechar o programa do III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

O programa do Congreso conta coas seguintes actividades:

12:00-12:30  Recepción e entrega de acreditacións.

12:30 -12:45 Presentación do acto.

12:45-13:00  

  • Presentación do vídeo Lugo, porta de entrada a Santiago de todos os Camiños                
  • Presentación da campaña publicitaria Reciclaxe

13:00-15:00 Demostracións e degustacións de cociña con produtos de proximidade a cargo de:

  • Nardo Eiroa, do restaurante Canedo: Tartar acebichado de vieira e bonito.
  • Diego López, do restaurante Bulló Xantar: Ensalada de algas e polbo prensado.
  • Alejandro Méndez, de Os Cachivaches: Saam de papada de porco.
  • Pablo Vila, da cadea Oca Hoteles: Cebreiro-mel-castañas.

Utilizaránse produtos das distintas indicacións xeográficas protexidas (IXP) e denominacións de orixe (DO) coas que colaboramos.

15:00-16:00 Demostración Café dos Camiños a Compostela e degustación, por José Manuel Portela, responsable de formación en Cafés Candelas.

16:30-18:30 Obradoiro para nenas e nenos (entre 6 e 12 anos). A través da ciencia levarase a cabo unha viaxe virtual polo Camiño de Santiago.

CATAS ...E PARA COMER, LUGO NO CAMIÑO

Como complemento ao Encontro, terán lugar as Catas ...E para comer, Lugo non Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en cinco localizacións da provincia: Samos, o día 18 de outubro; A Pobra do Brollón, o 19 de outubro; Sober, o 20 de outubro; Barreiros, o 25 de outubro, e Palas de Rei, o 26 de outubro.

O evento dará comezo así xa o vindeiro martes, 18 de outubro, coa primeira das catas, que terá lugar no establecemento Hotel A Veiga (Avda. Compostela, 61) en Samos, de 17:00 a 19:30  horas.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas, deben inscribirse a través do teléfono da Apehl, 982 22 69 12, ou cubrindo os formularios dispoñibles na web apehl.org.

Máis información: Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Teléfono: 982 22 69 12.