APEHL

Pistoletazo de saída do posto ...E para comer, Lugo no seu percorrido por España con La Vuelta 2025

27.08.2025. O posto …E para comer, Lugo arrancou a súa viaxe con La Vuelta Ciclista a España esta mañá en Figueres (Girona). Por décimo terceiro ano consecutivo, a provincia lucense promocionarase en todo o territorio español a través desta iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

O stand …E para comer, Lugo instalarase un ano máis na zona VIP das saídas de etapa, converténdose nun escaparate privilexiado para mostrar a riqueza gastronómica e turística da provincia. O persoal da Asociación será o encargado de ofrecerlles aos asistentes —ciclistas, patrocinadores, medios de comunicación e outros convidados— petiscos elaborados con produtos autóctonos e material promocional da nova edición da guía turístico-gastronómica.

Entre os provedores e entidades colaboradoras figuran os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo de O Cebreiro, Queixo de Tetilla, Queixo San Simón da Costa, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Pan de Cea e Aceite de Quiroga, así como as asociacións Avimós, Asovega, Asoporcel, Afapan, Acruga e Armadores de Burela. Tamén colaboran Galletas Daveiga, Montepicato, Estrella Galicia, Cafés Candelas, El Progreso, INPE, Transportes Valín e Hijos, Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Experiencias de Calidade Galicia e Jazz Lugo.